A AXUDA RECIBIDA PARA FACER REALIDADE O PROXECTO: OFICINA DE ATENCIÓN AL PEREGRINO E ESPAZO DE DEGUSTACIÓN COSTA DA MORTE

O proxecto que xa e unha realidade obedece a unha serie de apoios por parte das diferentes Administracións do cal queremos deixar constancia. O apoio foi prestado polo GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO SEO COSTA DA MORTE, CONSELLERIA DE PESCA e APOIO FINANCEIRO DA UNION EUROPEA a través dos FONDOS EUROPEO MARITIMO E DE PESCA.

Temos que destacar que todo o proxecto tramitouse baixo a tutela do GRUPO DE ACCIÓN LOCAL SEO COSTA SOSTIBLE SEO MUROS-NOIA o amparo das axudas económicas que para ditos fins pon a disposición a UNION EUROPEA

A prioridade dentro da estratexia do FEMP no que se enmarca o noso proxecto foi a seguinte:

PRIORIDADE DO FEMP

MARQUE CUN “X”

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS (OE) DA PRIORIDADE  DO FEMP

PRIORIDADE 4: Incrementar o emprego e a cohesión territorial

X

Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

OUTRA PRIORIDADE

 

OBXECTIVO ESPECÍFICO OUTRAS PRIORIDADES

 

 

 

No caso de prioridade diferentes a 4 indicaranse os datos de execución do proxecto que correspondan de acordo co Regulamento(UE) nº 1242/2014

 

Dentro desta estratexia reseñamos os obxetivos e resultados acadados correspondentes a ditos obxetivos, tanto xerales como específicos

OBXECTIVO XERAL DO PROXECTO (describa o obxectivo xeral do proxecto e a súa relación co obxectivo específico do FEMP seleccionado)

RESULTADOS (identifique e xustifique os resultados previstos coa implementación do proxecto)

 

O obxectivo xeral relaciónase directamente co obxectivo estratéxico de diversificación económica do FEMP.

Queremos xerar unha actividade turística e de lecer que contribúa a poñer en valor os recursos enogastronómicos, naturais, históricos e culturais da zona (en particular), da Costa da Morte, e do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía (en xeral).

 

Xeración de fluxo turístico na zona e, por tanto, de actividade económica enfocada a peregrinos e turistas como público obxectivo.

Promoción e posta en valor dos produtos e o patrimonio enogastronómico do Camiño a Fisterra e Muxía, e da Costa da Morte.

Divulgación do patrimonio natural, histórico e cultural asociado ao camiño a Fisterra e Muxía e á Costa da Morte.

Promoción da oferta de actividades, experiencias, produtos ou servizos de entidades públicas e privadas que teñan actividade vinculada ao Camiño a Fisterra e Muxía ou que se atopen nas poboacións polas que discurre.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PROXECTO (describa un máximo de tres obxectivos específicos)

CONTRIBUCIÓN DOS RESULTADOS (como contribúen os resultados a conseguir os indicadores de resultado previstos?)

 

1/  Servir de punto de información da oferta de experiencias, atractivos, produtos e/ou servizos asociados ao Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, así como do patrimonio natural, histórico e cultural asociado ao mesmo

2/  Crecemento económico e do emprego na zona a través de mellora da competitividade do destino.

3/  Crear un modelo de negocio diferenciado na zona, que sirva de escaparate da riqueza gastronómica presente no camiño a Fisterra e Muxía, adecuándoo ao público obxectivo.

 

 

 

 

Permite manter e ampliar o emprego asociado ao bar existente actualmente, incluíndo unha maior presenza de mulleres.

Permite crear unha variada diversificación de actividades: restaurante degustación, punto de información, centro de reservas, tenda onde se poden comercializar produtos de empresas apoiadas previamente polo GALP. Por tanto, permite potenciar o clube de produto MarGalicia.

Permite xerar unha actividade de restauración e gastronomia integradas no programa Km0 MarGalaica e PescadeRías.

 

Permite servir de apoio á comercialización da oferta doutras entidades privadas (especialmente as apoiadas con recursos do GALP en anos precedentes, e as que se poidan apoiar no futuro).

Permite divulgar a oferta de actividades abandeiradas por entidades públicas (ex. a Ruta dos Faros), ou programas públicos (ex: iniciativa Km 0 MarGalaica).

 

 

INDIQUE O GRAO DE CONTRIBUCIÓN AO OBXECTIVO ESPECÍFICO DA PRIORIDADE DO FEMP SELECCIONADA (marque cun “X”)

DESCRIBA A CONTRIBUCIÓN DO PROXECTO AOS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO FEMP SELECCIONADO

 

X Alta

 Media

 Baixa

Queremos xerar unha actividade turística e de lecer que contribúa a poñer en valor os recursos gastronómicos, naturais, históricos e culturais da zona (en particular), e do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía (en xeral).

Este obxectivo persegue o desenvolvemento ecónomico local nunha área (como é O Logoso, en Dumbría) de interior. E faino mediante a diversificación de actividades, o emprendemento e a mellora das oportunidades de traballo.

Para iso potenciarase o sector turístico, e especialmente o impacto a nivel nacional e internacional do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, como se indicará nesta memoria.

Unha vez definidos os obxetivos no que se enmarca o noso proxecto e os resultados acadados conseguimos cifrar ditos resultados en indicadores medibles:

INDICADORES DE RESULTADO

INDICADORES POR OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

MARQUE CUN “X”

VALOR PREVISTO

UNIDADE DE MEDIDA

PRIORIDADE 4

4a) e b) Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima

Emprego creado

X

3

Emprego a tempo completo

Emprego mantido

 

Emprego a tempo completo

N.º de negocios creados

X

3

Número

N.º de proxectos de diversificación das actividades económicas na zona

         X

6

Número

N.º de proxectos promovidos por mulleres/xente nova

 

Número

N.º de mulleres que participaron en actividades de formación

 

Número

A contribución deste proxecto a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) da zona pesqueira e:

En que obxectivo estratéxico se enmarca?

Obxectivo Estratéxico 2: DIVERSIFICACIÓN ECONÓMICA

2) Potenciar o desenvolvemento económico mediante a diversificación produtiva, o incremento da competitividade, o emprendemento, a mellora das oportunidades de traballo e o emprego alternativo ao traballo no mar potenciando o sector turístico e a diversificación en xeral da actividade produtiva do territorio, tomando a condición mariñeira do mesmo como elemento diferenciador.

En que obxectivo específico se enmarca?

2.1) Creación de sinerxías cos entes turísticos con competencias no territorio.

2.2) Sostibilidade do turismo mariñeiro no territorio (neste caso, asociado ao Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía).

2.3) Crecemento económico e do emprego a través da mellora da competitividade do destino: non só da poboación concreta onde se asenta o negocio, senón tamén (a través do punto de información, tal e como se verá con detalle) das poboacións polas que discurre o Camiño a Fisterra a Muxía.

2.4) Potenciar a creación de oferta turística de calidade xeradora de emprego.

En que liña de actuación se enmarca?

2.1.2) Planificación turística integrada.

2.2.1) Potenciamento do Club de Produto MarGalaica.

2.3.1) Mellora da infraestrutura dos negocios turísticos.

2.3.2) Cooperación entre empresas e axentes turísticos do territorio.

2.4.1) Apoio ao investimento turístico xerador de emprego

En que medida se enmarca?

2.1.2.1) Programas de actuación dos xeodestinos Costa da Morte e Ría de Muros e Noia.

2.2.1.2) Apoio á comercialización do turismo mariñeiro.

2.3.1.2) Ampliación e mellora da oferta das empresas para a incorporación de novos servizos.

2.3.2.1) Mellora e coordinación da información turística do territorio.

2.4.1.2) Iniciativas de restauración e gastronomía integrados no programa Km 0 MarGalaica.

2.4.1.3) Creación de novos servizos turísticos distintos de aloxamento e restauración.

Cal é o grao de contribución do proxecto á EDLP?

Alta

Describa a contribución do proxecto á EDLP

A contribución á consecución do obxectivo de diversificación económica é variada, polo propio feito de que ata 5 medidas das consideradas na EDLP están involucradas no poresente proxecto.

2.1.2.1) Programas de actuación dos xeodestinos Costa da Morte e Ría de Muros e Noia. Aínda que se trata dunha medida prevista na propia EDLP para uns potenciais beneficarios como poden ser concellos ou asociacións de profesionais do sector turístico, o punto de información vai claramente orientado nesta liña, sendo un altavoz e punto de difusión das iniciativas existentes nos xeodestinos. O enclave estratéxico do establecemento e punto de información, enclavado na bifurcación cara a Muxía e cara a Fisterra no Camiño de Santiago a estas dúas localidades, outórgalle un alto potencial de difusión das mencionadas iniciativas.

2.2.1.2) Apoio á comercialización do turismo mariñeiro. No punto de información existirá unha unidade de negocio diferenciada: un centro de reservas. Tanto o punto de información strictu sensu como o propio centro de reservas doutros establecementos e empresas, permitirá incidir na comercialización do turismo mariñeiro. Ademáis, o propio feito de reconvertir o actual negocio de restauración nun resturante degustación posibilitará resaltar experiencias, atractivos e oferta de produtos e servizos asociados ao turismo mariñeiro.

2.3.1.2) Ampliación e mellora da oferta das empresas para a incorporación de novos servizos. Conviven neste proxecto 5 unidades de negocio diferenciadas: restaurante degustación, café-bar peregrino, punto de información, centro de reservas, e tenda para a venda de produtos.

2.3.2.1) Mellora e coordinación da información turística do territorio. Ao giual que indicabamos ao respecto da medida 2.1.2.1, aínda que se trata dunha medida prevista na propia EDLP para uns potenciais beneficarios como poden ser concellos ou asociacións de profesionais do sector turístico, o punto de información será un punto que contribúa a difundir a información turística asociada ao territorio, entendendo este non só a poboación do establecemento, senón do propio Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

2.4.1.2) Iniciativas de restauración e gastronomía integrados no programa Km 0 MarGalaica. O restaurante degustación garante o apoio á revalorización dos produtos da pesca artesanal, o que implicaría a incorporación desta iniciativa ao selo promocional Km. 0 MarGalaica.

2.4.1.3) Creación de novos servizos turísticos distintos de aloxamento e restauración. Indicabamos antes que neste proxecto coexisten 5 unidades de negocio diferenciadas. 2 van asociadas á restauración, pero 3 unidades son alleas a ese tipo de actividade económica. Son: o punto de información, o centro de reservas, e a tenda para a venda de produtos.